luns, 1 de xuño de 2015

BASES CIRCUÍTO DE XADREZ COMERCIO DO TEU BARRIO

BASES CIRCUÍTO DE XADREZ COMERCIO DO TEU BARRIO

PRIMEIRA.
No primeiro circuíto a celebrar en xuño e xullo poderán participar todos os interesados nacidos no ano 2001 ou con posterioridade. Distribuiranse en catro categorías; sub14, sub12, sub10 e sub8.

SEGUNDA.
O Primeiro Circuíto estará composto polo seguintes cinco torneos:

6 DE XUÑO - TORNEO NA PRAZA DE VIGO
13 DE XUÑO - TORNEO NA PRAZA DE ABASTOS DE MONTE ALTO
20 DE XUÑO - TORNEO EN PRAZA PABLO IGLESIAS
27 DE XUÑO - TORNEO NA PRAZA DAS CONCHIÑAS
4 DE XULLO - TORNEO NA PRAZA DE AZCÁRRAGA

TERCEIRA.
A actividade terá lugar desde 11,00 a 19,30. Con partidas a vinte e cinco minutos por xogador.
Nembargantes en cada torneo pode haber cambios para realizar actividades complementarias.
Durante a xornada disporanse mesas para xogo libre de afeccionados.

CUARTA.
Os torneos xogaranse a diario suízos a seis roldas.
A distribución dos xogadores será competencia do director do Torneo.
Os desempates sortearanse ao final de cada torneo.

QUINTA.
En cada torneo entregaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría.
Ademais entregarase un vale de compra de 10 euros aos xogadores que máis puntos realicen, independentemente da súa categoría.

No último torneos do circuíto entregaránse tamén medallas a todos os participantes e  premios aos tres mellores da clasificación xeral na que se sumarán os puntos logrados nos cinco torneos, independentemente da categoría na que se xogou.

Premios para Primeiro circuíto:

1º CLASIFICADO CIRCUÍTO: TROFEO e vale de 200 euros.
2º CLASIFICADO CIRCUÍTO: TROFEO e vale de 100 euros.
3º CLASIFICADO CIRCUÍTO: TROFEO e vale de 50 euros.

SEXTA.
As decisións do árbitro principal son inapelables.

SEPTIMA.
Os participantes autorizan o uso da súa imaxe e datos persoais nas accións que a organización considere oportunas para a necesaria difusión do evento, que incluirán a comunicación de resultados e participantes aos medios de comunicación e redes sociais.

OITAVA.
A participación no torneo implica a aceptación das bases.

NOVENA.
A inscrición é gratuíta. Puiden realizarse en: torneoscomercio@agax.org
Poderán inscribirse xogadores até o xoves anterior ao comercio ou até completar o centenar de inscritos.

DECIMA.
Información complementaria:
www.agax.org
www.xadrezcoruñes.org
correo@agax.org
981 150 168